# started 2014-09-02T08:16:00Z "O termo autor pode ter diferentes definicións: O que realiza un determinado acto. O causante de algo: O autor do crime está no cárcere. Quen realiza unha obra artística, literaria ou científica: Premiaron ó autor deste libro. En narratoloxía, por autor enténdese autor implícito. O suxeito activo dun delito, ben por acción, ben por omisión. A parte demandante nun xuízo."@gl . "Un actor, se é home, ou unha actriz, se é muller, é unha persoa que representa un papel nunha obra teatral, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. O primeiro actor do que se ten noticias foi o grego Tespo que actuou no Teatro Dionisio no 534 a.C. e que narrou a historia en primeira persoa, ata entón as historias que se narraban contábanse en terceira persoa."@gl . "A Antimateria é a materia composta de antipartículas das partículas que constitúen a materia normal. Un átomo de antihidróxeno, por exemplo, está composto dun antiprotón de carga negativa orbitado por un positrón de carga positiva. Se unha parella partícula/antepartícula entra en contacto entre si aniquílanse producindo un estalido de enerxía, que pode manifestarse en forma doutras partículas, antipartículas ou radiación electromagnética.En 1995 conseguíuse producir antiátomos de hidróxeno, así como núcleos de antideuterio, creados a partir dun antiprotón e un antineutrón, pero non se logrou crear antimateria de maior complexidade. A antimateria créase no universo alí onde haxa colisións entre partículas de alta enerxía, como no medio da galaxia, mais aínda non se atopou ningún tipo de antimateria como residuo do Big Bang, (cousa que ocorre coa materia normal). A diferente distribución entre a materia e a antimateria no universo foi durante moito tempo un misterio. A solución máis probábel atópase na certa asimetría nas propiedades dos mesóns-B e as súas antipartículas, os anti-mesóns-B."@gl . "A artesanía comprende, basicamente, as obras e traballos realizados manualmente e con pouca intervención de maquinaria, habitualmente obxectos decorativos ou de uso común. O que se dedica a esta actividade denomínase artesán."@gl . "Un axóuxere ou ruxerruxe é un obxecto sonoro que serve para entreter aos cativos. Pode ser de plástico, metal ou madeira e ao movelo fai ruído debido a unha boliñas no seu interior. Adoitan seren de cores moi vivas para estimular os sentidos do neno.Debido a que a capacidade cognitiva dos pequenos aínda non está desenvolvida, este xoguete obriga ao neniño a forzar as súas capacidades visuais e auditivas para comprender o que ten diante cando o xoguete está no seu poder. Ademais vai obtendo estímulos táctiles que o relacionan co mundo exterior. A existencia de obxectos que chamen a súa atención resulta moi importante como xeito de: fomentar o crecemento do cerebro na etapa de maior plasticidade; comprobar se sofre algunha discapacidade auditiva ou visual; desenvolver as capacidades sensoriais; buscar unha pronta reacción e comprensión do seu contorno para ilo integrando nas redes sociais;Noutro aspecto non lúdico e máis funcional, este obxecto utilízase como sinal de movemento: coma os badais nas igrexas ou os chocallos nas vacas, pónselle ás veces aos gatos ou cans para saber onde están ou para saber se se están movendo.Consiste nun recipiente no que introducen axóuxeres ou campaíñas e un mango por onde agarra o cativo. Os máis pequeños axítano instintivamente e divírtense co son que eles producen. Actualmente, existe unha gran cantidade de modelos no mercado, fabricados de moi diversos materiais. A maioría están decorados con cores rechamantes e figuriñas infantís.Os axóuxeres foron utilizados polos cativos durante milleiros de anos. Os primeiros que se coñecen datan da época exipcia, antes do comezo do Imperio Novo."@gl . "Denomínase adquisición da linguaxe á aprendizaxe e desenvolvemento da capacidade lingüística por parte dun individuo. Distínguese entre aprendizaxe da primeira lingua, que realizan todos os nenos, e aprendizaxe dunha segunda lingua ou dunha lingua estranxeira. Este proceso é estudado pola Lingüística, a Psicoloxía e a Lingüística aplicada co obxecto de comprender os procesos utilizados na aprendizaxe da linguaxe, identificar as etapas e comprender a natureza da linguaxe.Na adquisición da linguaxe débense tomar en consideración as diferentes teorías explicativas, a existencia de diferenzas individuais e a hipótese da existencia dun período crítico no que ela é posíbel. A orixe e adquisición das regras de produción é obxecto de múltiples controversias, tanto respecto á súa natureza (lingüística cognitiva ou especificamente lingüística) como da súa aprendizaxe (innata ou aprendida desde o medio social). Para moitos autores, a linguaxe implica unha función simbólica anterior a ela, que se materializa nos diferentes sistemas de signos. Estes sistemas de signos da linguaxe combínanse, pola súa vez, con aspectos emocionais e afectivos que expresan a actitude, relación ou interacción do falante respecto da súa mensaxe, e pretenden influír no oínte. Pódense distinguir dúas teorías explicativas da adquisición da linguaxe: a teoría condutista e a teoría innatista.A teoría condutista, ou behaviourista, estende á conduta da linguaxe os mesmos principios deseñados para explicar a adquisición das condutas non verbais, e sostén que a súa adquisición obedece aos principios do reforzo e ao condicionamento. Para Skinner, a conduta verbal pode ser controlada eficazmente co emprego de reforzos e estímulos discriminativos, de forma que as respostas reforzadas tenderán a repetirse indefectibelmente no futuro. A aplicación dos principios da teoría condutista á descrición da conduta da linguaxe ten recibido fortes críticas.No centro da polémica sitúase Chomsky, principal representante da teoría innatista, que propón a existencia dun ‘mecanismo innato’ que desempeña un papel fundamental na linguaxe. Suxire que os seres humanos nacen cunha habilidade lingüística innata, que emerxe principalmente do proceso de maduración. O cerebro humano posúe un sistema neuronal, o dispositivo de adquisición da linguaxe que permite a comprensión da estrutura da linguaxe e proporciona estratexias e técnicas para a aprendizaxe das características exclusivas dunha lingua nai determinada. A formulación de Chomsky supón que a mente do neno está preparada de xeito predeterminado para procesar a estrutura que caracteriza a linguaxe humana, chegando a unha especie de gramática transformacional da súa lingua materna; mais isto non quere dicir que o sistema gramatical veña dado como coñecemento innato, senón só que se posúen uns medios innatos para procesar a información e xerar estruturas internas. A afirmación de que o neno nace con todos os universais lingüísticos foi entendida por algúns autores dun xeito moi literal. Así McNeill suxire que os nenos nacen cunha hierarquía de categorías lingüísticas. Pola contra, outros fan unha interpretación máis moderada. Para Fodor, os universais lingüísticos son intrínsecos ao neno, máis ca innatos. O punto de vista de Chomsky tampouco carece de críticas. Así, para os teóricos condutistas é un punto de vista en contra da perspectiva innatista a aparente capacidade dos animais, tales coma os chimpancés, para aprender os rudimentos da linguaxe. As investigacións sobre a linguaxe poñen de manifesto a existencia de diferenzas individuais na adquisición dela, non só en relación ao seu inicio e rapidez de desenvolvemento, senón tamén no uso de diferentes mecanismos de aprendizaxe e no uso de rotas evolutivas non exactamente iguais. Pola contra, a hipótese dun período crítico na súa adquisición, tal como foi inicialmente formulada por Eric Lenneberg, áchase con problemas na actualidade. Este investigador baseouse, por unha banda, no feito de que o período no que se sitúa xeralmente a adquisición da linguaxe é entre un período anterior ao dos dous anos e os doce, sen que poida adquirirse a partir desta idade; e, por outra, na existencia de recuperacións da linguaxe en suxeitos que sufriron afasia en idades temperás, pero non (ou moi defectuosa) en afásicos adultos. Resultados de investigacións posteriores poñen en evidencia a capacidade para adquirir a capacidade lingüística despois deste período considerado como crítico. Non obstante, a pesar da súa adquisición, o desenvolvemento non é normal. Parece existir un período \"sensíbel\" (16 meses-8 anos, aproximadamente) no que se produce o esencial do desenvolvemento lingüístico."@gl . "O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega.Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago).Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade)."@gl . "Alfabeto denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas. Ten unha orde fixa, que se emprega por exemplo para a ordenación en dicionarios, enciclopedias ou glosarios en papel, ou en listados de cousas.A palabra alfabeto provén das gregas alfa e beta, que designaban a primeira e segunda letra do seu alfabeto, correspondentes no alfabeto latino a a e b, respectivamente.O alfabeto galego ten 23 letras (entre parénteses a denominación da letra):a (a), b (be), c (ce), d (de), e (e), f (efe), g (gue), h (hache), i (i), l (ele), m (eme), n (ene), ñ (eñe), o (o), p (pe), q (que), r (erre), s (ese), t (te), u (u), v (uve), x (xe), z (zeta)."@gl . "O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión."@gl . "O Amor é un sentimento que ten unha persoa por outra cando sente por ela algo máis que un simple afecto. Considérase o conxunto de sentimentos que intensifican as relacións interpersoais do ser humano que desexa o encontro e unión con outro ser que lle faga sentirse completo.O amor é un estado mental que crece ou decrece dependendo de como se retroalimente ese sentimento na relación dos que compoñen o núcleo amoroso. A retroalimentación depende de varios factores, ben sexa polo comportamento da persoa amada, polos seus atributos involuntarios ou polas necesidades particulares da persoa que ama."@gl . "O angstrom é unha unidade de lonxitude equivalente a 10-10m. Utilízase principalmente para expresar lonxitudes de onda das radiacións e o tamaño dos átomos. A súa abreviatura é Å.O seu nome é en honra do físico sueco Anders Jonas Ångström, un dos fundadores da espectroscopía.O ångström non é unha unidade do sistema internacional de medidas. Non obstante, está considerada como unha das unidades útiles para responder a necesidades específicas de certos campos científicos técnicos. A publicación El Sistema Internacional de Unidades SI da Oficina Internacional de Pesas e Medidas, editado polo Centro Español de Metroloxía, dispoñible electronicamente, inclúeo na Táboa 8 (Outras unidades non pertencentes ao SI), e di:e sobre o seu uso advirte que certas unidades non pertencentes ao SI aínda aparecen en publicacións científicas, técnicas e comerciais e que continuarán en uso durante moitos anos. Non obstante, tamén sinala que os científicos deben ter a liberdade de utilizar ás veces ditas unidades se o consideraran conveniente, aínda que a inclusión de tales unidades nos seus textos non implica a recomendación do seu uso."@gl . "A astroloxía é un sistema ou tradición no que o coñecemento da posición aparente e o movemento dos astros se usa para intentar comprender, interpretar e organizar o coñecemento sobre a realidade e a existencia humana na Terra."@gl . "A nutrición autótrofa (de autos, \"por si mesmo\", e trofo, \"que se alimenta\") é o tipo de nutrición característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizaren substancias esenciais para o seu metabolismo partindo de substancias inorgánicas. Existen dous tipos de procesos autótrofos: A fotosíntese dos seres fotolitoautrótofos (característico de plantas e outros organismos) que é o proceso no que se elabora materia orgánica, como os azucres, a partir de materia inorgánica, como a auga, dióxido de carbono e sales minerais. Para realizar esta reacción química requírese a enerxía bioquímica que a clorofila produce a partir da enerxía solar.A fotosíntese presenta unha fase luminosa, na que a enerxía procedente do Sol é transformada en enerxía bioquímica, e una fase escura, na que, utilizando esta enerxía bioquímica, se obteñen azucres. A quimiosíntese dos organismos quimiolitróficos realizada por bacterias mediante a oxidación de compostos inorgánicos (anhídrido sulfuroso ou compostos ferrosos) para produciren enerxía."@gl . "A astronomía, que significa etimoloxicamente \"as reglas das estrelas\" ou astro-nomos, é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra. Unha materia relacionada pero distinta é a cosmoloxía, que se encarga de estudar o universo como conxunto.Despois de comprender que os elementos que forman os \"obxectos celestes\" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física aplícanse do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.Os astrónomos necesitan unha gran preparación en física, e as observacións fanse sempre nun contexto astrofísico, est