# started 2014-08-16T13:49:21Z "O termo autor pode ter diferentes definicións: O que realiza un determinado acto. O causante de algo: O autor do crime está no cárcere. Quen realiza unha obra artística, literaria ou científica: Premiaron ó autor deste libro. En narratoloxía, por autor enténdese autor implícito. O suxeito activo dun delito, ben por acción, ben por omisión. A parte demandante nun xuízo."@gl . "Un actor, se é home, ou unha actriz, se é muller, é unha persoa que representa un papel nunha obra teatral, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. O primeiro actor do que se ten noticias foi o grego Tespo que actuou no Teatro Dionisio no 534 a.C. e que narrou a historia en primeira persoa, ata entón as historias que se narraban contábanse en terceira persoa."@gl . "A Antimateria é a materia composta de antipartículas das partículas que constitúen a materia normal. Un átomo de antihidróxeno, por exemplo, está composto dun antiprotón de carga negativa orbitado por un positrón de carga positiva."@gl . "A artesanía comprende, basicamente, as obras e traballos realizados manualmente e con pouca intervención de maquinaria, habitualmente obxectos decorativos ou de uso común. O que se dedica a esta actividade denomínase artesán."@gl . "Un axóuxere ou ruxerruxe é un obxecto sonoro que serve para entreter aos cativos. Pode ser de plástico, metal ou madeira e ao movelo fai ruído debido a unha boliñas no seu interior. Adoitan seren de cores moi vivas para estimular os sentidos do neno.Debido a que a capacidade cognitiva dos pequenos aínda non está desenvolvida, este xoguete obriga ao neniño a forzar as súas capacidades visuais e auditivas para comprender o que ten diante cando o xoguete está no seu poder."@gl . "Denomínase adquisición da linguaxe á aprendizaxe e desenvolvemento da capacidade lingüística por parte dun individuo. Distínguese entre aprendizaxe da primeira lingua, que realizan todos os nenos, e aprendizaxe dunha segunda lingua ou dunha lingua estranxeira."@gl . "O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega.Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago).Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade)."@gl . "Alfabeto denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas."@gl . "O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión."@gl . "O Amor é un sentimento que ten unha persoa por outra cando sente por ela algo máis que un simple afecto. Considérase o conxunto de sentimentos que intensifican as relacións interpersoais do ser humano que desexa o encontro e unión con outro ser que lle faga sentirse completo.O amor é un estado mental que crece ou decrece dependendo de como se retroalimente ese sentimento na relación dos que compoñen o núcleo amoroso."@gl . "O angstrom é unha unidade de lonxitude equivalente a 10-10m. Utilízase principalmente para expresar lonxitudes de onda das radiacións e o tamaño dos átomos. A súa abreviatura é Å.O seu nome é en honra do físico sueco Anders Jonas Ångström, un dos fundadores da espectroscopía.O ångström non é unha unidade do sistema internacional de medidas. Non obstante, está considerada como unha das unidades útiles para responder a necesidades específicas de certos campos científicos técnicos."@gl . "A astroloxía é un sistema ou tradición no que o coñecemento da posición aparente e o movemento dos astros se usa para intentar comprender, interpretar e organizar o coñecemento sobre a realidade e a existencia humana na Terra."@gl . "A nutrición autótrofa (de autos, \"por si mesmo\", e trofo, \"que se alimenta\") é o tipo de nutrición característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizaren substancias esenciais para o seu metabolismo partindo de substancias inorgánicas."@gl . "A astronomía, que significa etimoloxicamente \"as reglas das estrelas\" ou astro-nomos, é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra."@gl . "O Administrador de base de datos (DBA) é a persoa responsable dos aspectos ambientáis dunha base de datos."@gl . "Un ano é o espazo de tempo que a Terra tarda en dar unha volta completa arredor do Sol. Tómase como referencia a orientación Sol-Terra en relación con outros corpos celestes distantes."@gl . "Alba é unha terra mitolóxica mencionada na quinta parte das Metamorfoses de Ovidio, cuxo rei máis coñecido foi Proca. Probablemente sexa máis visible a súa correspondencia actual cando se contrasta co xentilicio: albano."@gl . "A auga é unha substancia formada a partir de átomos de hidróxeno e osíxeno, con moléculas de fórmula H2O. Na natureza nunca se atopa en estado puro, senón mesturada con minerais e outras moitas substancias.É a base de todo organismo pluricelular, polo que a existencia de auga está intimamente relacionada coa de vida."@gl . "A botánica, (do grego βοτάνη = herba) ou fitoloxía (do grego φυτόν = planta e λόγος = tratado), é unha rama da bioloxía e é a ciencia que se ocupa do estudo das plantas. O concepto de vexetal, que estaba claro en tempos de Aristóteles, quedou esvaecido polo avance do coñecemento, chegándose a definir como todo aquilo que estuda a botánica. Na práctica, os botánicos estudan as plantas, as algas e os fungos."@gl . "Un bolígrafo é un instrumento para a escritura similar a un lapis en canto a tamaño e forma.Consta dunha cámara interna, chea de tinta viscosa, que se distribúe pola punta a través dunha pequena esfera de metal (0,7 mm a 1 mm de diámetro); a tinta sécase de modo inmediato tralo contacto co papel. Pola súa característica de ser barato e confiable ocupou o lugar da pluma estilográfica, tamén denominada pluma fonte."@gl . "En Psicoloxía, o concepto de barreira de linguaxe aplícase ás discrepancias atopadas nos coeficientes de intelixencia verbais que son causa de diferenzas socioculturais. Este feito desígnase tamén co termo \"atraso lingüístico\", empregándose o de \"barreira lingüística\" para reflectir a relación entre a linguaxe e o rendemento escolar."@gl . "Na acepción común, Belas Artes serían aquelas artes que terían por obxecto expresar a beleza, especialmente a arquitectura, escultura, música, e pintura. De todos modos, o certo é que ademais da beleza, as chamadas belas artes poden buscar tamén a expresividade, a orixinalidade, impactar ao receptor ou incluso a fealdade (véxanse, por exemplo, os cadros de Francis Bacon). Neste sentido, podemos dicir que o termo quedou algo desfasado (sobre todo tralo auxe das vanguardas no século pasado)."@gl . "Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico e político galego."@gl . "O baloncesto (basket en inglés) é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith, na Asociación Cristiá de Mozos de Springfield, EUA. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao ar libre. Neste deporte pódense facer os cambios de xogadores que o adestrador estime necesarios."@gl . "O B (be) é a segunda letra do alfabeto galego, e representa os fonemas oclusivo bilabial sonoro /b/ e aproximante bilabial sonoro /β/."@gl . "A agricultura é a arte ou proceso de usar o solo para o cultivo de plantas co obxectivo de obter alimentos, fibras, enerxía e materia prima para facer roupa, construcións, medicamentos, ferramentas e, incluso, para a súa contemplación estética.A persoa que traballa na agricultura é o agricultor ou a agricultora."@gl . "Un bus, en Informática, é unha canle de comunicación formada por un conxunto de condutores paralelos que conectan dous ou máis dispositivos. A característica chave dun bus é que se trata dun medio de transmisión compartido.As liñas que compoñen un bus podense clasificar en tres grupos funcionais: As liñas de datos do bus proporcionan o camiño para transmitir datos entre os módulos do sistema."@gl . "Baixo a denominación de ciencias exactas inclúense a matemática e todas aquelas ciencias que, malia sosterse na experimentación e observación, se poden sistematizar expresando os seus desenvolvementos con obxectividade e servíndose, ás veces, da linguaxe e o rigor matemático."@gl . "Unha ciencia aplicada é a aplicación do coñecemento dunha ou máis campos da ciencias naturais para resolver problemas prácticos."@gl . "As Ciencias naturais, Ciencias da natureza, Ciencias físico-naturais, Ciencias experimentais ou mesmo Historia natural,son aquelas ciencias que teñen por obxecto o estudo da natureza seguindo o método científico, tamén coñecido como método experimental."@gl . "As ciencias humanas son as ciencias que teñen por obxecto de estudio o home e a sociedade nos seus distintos aspectos e manifestacións. É un concepto epistemolóxico que designa a un grupo de ciencias cuxo obxecto é o home ou os grupos humanos e a súa cultura. Non é de utilización moi xeneralizada, aínda que está presente nalgunhas denominacións institucionais."@gl . "As Ciencias da Terra estudan o noso planeta, a Terra.Inclúe xeoloxía, xeofísica, meteoroloxía, xeografía física, mineraloxía, paleontoloxía, xeodesia e outras ciencias. As ciencias marinas e as ciencias ambientais son ramas altamente interdisciplinarias de Ciencias da Terra. En certo sentido, as Ciencias da Terra pódense considerar como unha rama das Ciencias planetarias."@gl . "A cartografía é a rama da xeografía que se ocupa da representación da Terra sobre unha superficie, o que se denomina mapa. Ao ser a Terra esférica ha de valerse dun sistema de proxección para pasar da esfera ao plano. No fondo este é o problema da cadratura do círculo. Pero ademais de representar os contornos das cousas, as superficies e os ángulos ocúpase, tamén de representar outra información que aparece sobre o mapa, segundo se considere que é relevante ou non."@gl .